Reválidas

O PP ten alporizados aos pais, nais e alumnos, reincorporando as vellas reválidas do franquismo en Primaria, ESO e Bacharelato. Seguirán coa súa teima de converter o ensino nun negocio máis, e separando aos alumnos e alumnas en función da súa orixe social. Pero, tamén, imos ver os nocivos recortes nos centros públicos e van ser uns exames ás súas políticas sociais, aínda que pretendan ocultalo.
A dereita persegue establecer un mapa de centros de aqueles que –supostamente– prestan unha maior calidade educativa, para así introducilos nunha aberrante competencia, e seguir homologando –ás agachadas– a educación concertada/privada que si necesita ser controlada polas reválidas. Como mostra unha anécdota, acontecida nun colexio concertado de Ferrol, a dun alumno que reprende ao seu profesor porque “atrévese” a suspendelo, cando “el é quen paga a súa nómina”.

 

Reválidas

Te puede interesar