Amarelismo

Os dicionarios ao uso dinnos que o morbo é un estado patolóxico, unha doenza, unha enfermidade, unha alteración da saúde... Recollen tamén, como segunda acepción ou en sentido figurado, que o morbo é o atractivo que esperta algo que pode ser desagradable, cruel, prohibido ou a inclinación obsesiva a deleitarse en escenas ou en sentimentos desagradables. Creo que non me equivoco se digo, con indignación, carraxe e fonda tristeza, que moitas das escenas coas que, abusivamente, nos bombardearon todas as cadeas televisivas nestes últimos días carecían de interese informativo de calquera tipo. Eran só morbo en estado puro. Cal é o valor informativo de escoitar alguén chamarlle sen vergoña a un avogado de oficio por cumprir coa súa obriga de defender unha presunta asasina? Que hai “persoas” que insultan así xa o sabiamos. Xa que logo? Moito do visto e ouvido é verdadeiramente deprimente. Se ese é o concepto de solidariedade de moita xente, apañados estamos. Porque cousas que vin e ouvín me soaban máis a incitación ao odio que a outra cousa. Conmovéronme, iso si, os apelos aos sentimentos de humanidade e cordura feitos pola desconsolada mai do cativo asasinado.
 

Amarelismo

Te puede interesar