CONSOLO DE TONTOS

|

Estamos en tempos de presentación de orzamentos nas diferentes administracións, todos eles,como era esperable, á baixa, porque o único que sobe son os prezos dos servizos básicos, significativamente por riba dos mellores incrementos salariais negociados. Agás, naturalmente, dos dos grandes directivos, que eses nunca se negocian. Aumentan tamén as exclusións sociais. Mentres, un escoita estupefacto á conselleira de Facenda dicir cousas como que os galegos imos ter que pasar por menos esforzos e sacrificios e padecer menos medidas restritivas que outras comunidades. Pois que ben. Mal de moitos, aínda que menos,... Ó tempo, leo unha magnífica columna de Xaquín Álvarez Corbacho, colega na Universidade da Coruña e antes na de Santiago, onde di que o presentado pola Xunta non é un “presupuesto, sino un insulto al ciudadano, que debiera exigir, como mínimo, una explicación”. O catedrático de Facenda Pública conclúe que “el presupuesto es ahora instrumento básico que canaliza recursos públicos desde el contribuyente hacia los mercados financieros para reproducir la opulencia y el poder”. E eles chámanlle boa xestión.

CONSOLO DE TONTOS