Populismo

Os partidos políticos que se senten ameazados pola entrada na escena política da nova agrupación Podemos, acúsana de populismo como se iso fose un delito ou unha actuación ilegal. Segundo o noso dicionario, populismo pode significar “Corrente ideolóxica, literaria, política, etc., que procura os intereses do pobo ou a fai demagoxicamente”. Segundo esta definición, o populismo de Podemos podería cualificarse de calquera destes dous xeitos, mais a interpretación que se fai  por parte dos “presuntos” prexudicados é a da utilización da demagoxia. Contra esta acusación poderíase reclamar a “presunción de inocencia” e agardar a que os feitos demostren que non se procura realmente a defensa dos intereses do pobo. Tamén se pode aplicar a máxima aquela de que “sempre pensa o ladrón que todos son da súa condición”. De calquera xeito, os ataques furibundos que está a sufrir o novo partido por parte dos acusadores amosan o medo a perder a súa hexemonía. Ou non é?

 

Populismo

Te puede interesar