Cantares Gallegos

No ano en que conmemoramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro móstrase máis viva que nunca. No prólogo atópanse as razóns principais polas que a escritora escribiu esta monumental obra: cantar as belezas e os costumes da súa terra nun idioma proscrito durante séculos (Cantarte hei, Galicia,/ na lengua gallega,/ consolo dos males,/ alivio das penas.); as desventuras da súa infeliz patria (así califica a Galiza) e a dor que sente polas inxustizas e os desprezos recibidos de España (Probe Galicia, non debes/ chamarte nunca española,/ que España de ti se olvida/ cando eres,¡ay!, tan hermosa.). Como di o profesor Carvalho Calero: “A importancia de Cantares excede o campo meramente literario… Hai que subliñar o seu poder corroborante da conciencia galega”. O Sempre en Galiza de Castelao está considerado como a Biblia dos galegos. Pois ben, Cantares Gallegos é unha auténtica Declaración de Dereitos do Pobo Galego.

Cantares Gallegos

Te puede interesar