DIGAN A VERDADE

|

Non mintan. Non oculten os datos. Expliquen que  as súas decisións veñen obrigadas polo seu compromiso de déficit do 0,5 %  e de débeda pública do 60% no 2020. Non mintan. Aclaren se o déficit do 6,5%  do 2013 suporá un novo recorte de  30.000millóns de euros nos vindeiros tres anos nos servizos públicos, pensións e subas no IVE, IBI, cobrode autovías... Non mintan.  
Explíquenlles aos desempregados e a mocidade que coa súa política non se acadará o nivel de emprego previo á crise até o 2026. Velaí teñen as rúas da miña cidade acubillando a protesta. Eis faixas e consignas proclamando a necesidade de derrotar a súa política neoliberal na procura daquelas que favorezan á maioría social e reflectindo vieiros (obreiros e estudantes unidos e adiant) xa transitados na conquista do que foi o estado do ben estar.
Non mintan. Sabemos que,  por máis que o repitan, a capital de Ferrol non é Pequín.

 

DIGAN A VERDADE