Caesaron a Enrique Sardá, o prescindible Cónsul español en Washington. Resulta sorprendente que unha persoa pertencente ao Corpo Diplomático, a quen se lle supón formación, nivel, altura e man esquerda, resulte ser absolutamente torpe, con comportamentos groseiros e totalmente vulgar no que el considera gracioso.
Burlarse gratuitamente dunha fala, dun sentir colectivo e dunha autoridade, todo elo xunto, xustifica sobradamente o cese dun personaxe que non estivo á altura do seu cargo. Agora sae nos medios dicindo que España perdeu o sentido do humor. Probablemente el teña perdido o sentido común, e algunhas neuronas máis das que debera.
E tamén, que viviu sempre amparado pola inmunidade diplomática. Por certo, Susana Díaz segue a proclamar unidade e lealdade no recen gañado Congreso, pero esixe cousas que na súa condición de, unicamente referente territorial, exceden das súas competencias. Así, mentres ante o auditorio proclama a fin das loitas internas, por detrás amaña unha executiva sen un só Sanchista. E deixan publicamente só no escenario a Pedro Sánchez. Pero aínda hai xentes e cargos que se pensan inmunes e intocables, e distinguidos pola varita da infalibilidade? Máis dura será a caída.
Hoxe o CIS anuncia a subida de 5 puntos en intención de voto do PSOE, e a caída do PP en 3 puntos. A distancia entre os dous partidos baixou do 11,6 a 3,9 dende a elección de Pedro Sánchez. Unha mellora evidente que marca tendencia . A distancia é o que ten. Que medra ou diminúe en función, non dos metros matemáticos, se non da potencia da evocación, ou da intensidade de latexos por minuto. A maior das distancias está no desinterese, non na ausencia. Contigo nunca haberá distancia. Palabra.