PIÑEIROS, O ESTANCO, EMILIO E ERMITAS (I)

Non hai historia grande se non hai micro relatos veraces e obxectivos que partindo desde o pobo, desde as experiencias vivas e vividas, sirvan logocomo fontes para que o científico poida elaborar uns macro relatos ben acaídos nunha historia mais ampla.Unha cousa é certa. Primeiro é a historia sucedida ereal. Logo xa virán os historiadores. 
Cando estudamos algo cómpre centrarmosben o cando, o onde, o como e quen foron os protagonistas.Falarei dos anos 1968-1978. Pero somos herdeiros dunha historia que vénxa de moito atrás. Este meu pequeno relato sobre Piñeiro, o estando. Emilio e Ermitas é como un aglutinador nunhaencrucillada de camiñosque confluían nese intre e nese lugar desde os núcleos do hábitat dos arredores eno movérense cara ao exteriorna súa vida cotiá:  Cornido, A Veiga, O Cerrallón, A Cruz, As Lagoas, O Feal, Ansede, O Ponto, Freixeiro,etc.
A estrada de Castela.Constituíu por séculos a principal entrada por terra a Ferrol. Eraun fluír e refluír de vida cotiá. Era a canle vertebradora e dinamizadora. Por onde ela ía pasando repartía e compartía vida en cada paraxe.Aproximémonos a ela moi esquematicamente.
1.-A parada dos distintos coches de línea: Cal-Pita, Viveiro- Ferrol-Betanzos-Coruña. El Ideal Gallego:Coruña-Ferrol. (Aínda non existía a estrada da As Pías). O Villalbés, Ferrol Vilalba.Castromil, Ferrol-Betanzos-Santiago. El Rápido, Ferrol-Santiago por Irixoa- Curtis. Seguro que deixo algún.
2.- O tranvíaFerrol-Neda, mais tarde, Buses urbanos. Nun  xeito moi principal, nos dous sentidos,cun horario continuo e ben programado. Habíaos especiais: OBus nº 2. O Bus das cestas, O dos obreiros. O dos estudantes. Etc.O número 1 só chegaba a Freixeiro. E había outro á Faísca con menos frecuencias.
3.- Eran importantes outros servizos:Correos. Os fornecedores de mercancías e mercadorías máis diversos. E daquela xa empezaban os taxis para a nova Residencia S. José.
4. Outro datocurioso que hoxe non se entende. Os camiños de Cornido e da Veiga estaban moi cheos de lama e anegadosmoitas veces. A xente viña en katiuscas, madreñas ou como podían. Cando chegaban ao Estanco xa tiñan alí un sitio para deixaren aquel calzado e puñan os zapatos,que portaban adecuadamente, para iren á cidade, ao baile, etc. A vida tamén tiña as súas dificultades.
E aquí aparece a importancia do Estanco de Piñeiros. O Estanco era todo.Unha tenda universal incríbel. Sabían das necesidades da xente e tiñan de todo. Abría de seis da mañá a once da noite, sábados e domingos.Tamén era taberna. Nas tertuliase no vaseofalábase de todo. Por alí pasaban os comentarios da vida grande e pequena. Opinións, noticias, avisos, necrolóxicas, accidentes, chismes e chistes, por certo algúns excelentes. Porque había verdadeiros actores. Recordades a Perille o dos buses?
Ao serparadade todos os autobuses había esperas, subidas e baixadas. Todo o día era un movemento de xente, verán e inverno. 
Tenda para todo.“Apúntamo na libreta”. Crédito, filantropía, fidelización da clientela,solidariedade, etc.?Había pufos?Claro que si. Pero ficaron na libreta e a libreta era secreta e confidencial.
Cantas necesidades socorreron caladiñamente e con paciencia! Canto se despachou ao fiado!Eu mesmo pedín favores para axudar a persoas e familias en necesidade e ao non ter eucartos naquel intre para socorrelas tamén dixen ben de veces:“Emilio, Ermitas, apúntasmo na libreta?”.
Isto funcionaba, son testemuña e quero dicilo, porque detrás había unhas persoas concretas: Ermitas e Emilio. E xaantes Andrés e Pilar, os tíos deles. O Andrés de hoxe, daquela, era aínda “Andresito”.
Emilio fora funcionario de correos e sabía de todo. Tiña unha formación excelente. Equivalente, para defenderse na vida, a unha diplomatura de hoxe. Ademais de seren “xente de peso” tiñan bonhomía: “Condición de quen é boa persoa. Simplicidade amable”.Así a define o dicionario.
Cando me mandaron para Piñeiros-Narón,  eunin coñecía o sitio. Vin só. Ninguén me presentou e comezamos caladiñamente a tarefa. Así, sen máis. Era unha parroquia de recente creación.Todo comezaba ex novo. Non tiñamos nada. Só estabamos as persoas e nelas me fun centrando.
Sor Josefa, a primeira Superiora da Residencia San José, que taménestaban aquí de moi pouco,díxome: “Para calquera información seria, formal, de calidade,con discreción e de fiar, fale cos do Estanco. Con Emilio e Ermitas. Vaille ser de moita utilidade. “Recollín a mensaxe”.

PIÑEIROS, O ESTANCO, EMILIO E ERMITAS (I)

Te puede interesar