CASUALIDADES

Cando un Goberno ten un problema, axiña aparecen outros temas para distraer a atención, como no asunto do financiamento do PP, que trouxo de seguida outras novas que provocaron apaixonadas polémicas. Entre elas, a da esixencia independentista do sr. Mas, que lle botou “un bo cabo” ao sr. Rajoy; e agora, o asunto da reforma constitucional, que tamén fai correr “ríos de tinta”. Eu, por agora, quérome centrar nunha nova “xoia” das declaracións do presidente: “O estado do benestar é irrenunciable”. Seica tiñamos un “estado de benestar”, que agora non temos; esa situación baseábase na bonanza económica, coa abundancia de cartos; de repente atopámonos cunha falta de cartos que produce a conseguinte perda do “estado do benestar” para  todos. Agás osSr. Rajoy, claro. A pregunta pois é: Onde están os cartos? E que non digan que “no fondo do mar, materile”, porque non é verdade. No fondo do mar está o “Prestige” cheo de petróleo, pero de cartos, nada de nada.

 

CASUALIDADES

Te puede interesar