CATRO ANOS DE VACACIÓNS

TXSempre me gustaron as capañas electorais, polo menos animaban a política aburrida que existe entre comicios, pero nesta ocasión dáme a impresión de que é un fastío. Beiras repite as mesmas palabras que hai dez ou vinte, talvez polo idade, sen cambiar o  seu discurso, incluso fai os mesmos xestos que o levaron á fama. Besteiro no pasaría de convidado de pedra nunha telecomedia. Callón aínda se mete en vídeos. E iso por falar dos que chaman a atención por algo, porque dos candidatos, eses que van nas listas, no se sabe nada. Algúns saíran por inercia do votante, pero por méritos propios... non creo. Facendo memoria, non son quen de acordarme de quen estará en Madrid de vacacións pagadas catro anos a conta do seu posto. É que aquí o único que parece que está en campaña é Feijóo polas zonas díscolas, a saber, menos Ourense.

CATRO ANOS DE VACACIÓNS

Te puede interesar