A “Méndez Núñez” e a volta ao mundo

Fixen a mili –para os rapaces que non o saiban, neste país durante moito tempo foi obrigatorio o servizo militar– un buque da Armada. Dixéranme que non tiña moito polo que preocuparme, xa que o destrutor “Marqués de la Ensenada” no ía navegar, toda vez que pouco antes a propia ETA a piques estivera de afundilo no porto de Santander. O burato que lle fixera sirviu, si, para amallalo en profundidade. O caso é que, precisamente porque o Goberno no quería que a opinión pública, e menos os terroristas, entenderan que lograran algo, decidiu que tiña que ser máis operativo que nunca. O caso, tamén, é que descubrín que a mar gustábame tamén para navegar, mesmo en tormentas de lóstregos e ondas inmensas. E penso agora na fortuna que tiveron os tripulantes da “Méndez Núñez”, pese ao afastados que estiveron tanto tempo das familias, de percorrer os océanos e mares de todo o mundo. Ben por eles!

A “Méndez Núñez” e a volta ao mundo

Te puede interesar