DEZ DE MARZO

|

O martes debera ter sido un día especial para Ferrol. Unha data que tiña que ter reflectida a importante achega que fíxose para a ruptura da ditadura franquista e para a apertura á democracia e ás liberdades.
Pero, estes días que tanto fálase de falta de liderado político na nosa cidade, igual tamén, hai que falar de isto dende o eido sindical. Neste dez de marzo víase que cada quen está ao seu e nin xuntos suman o que deberan.
Non é hora dunha reflexión conxunta? Que fixemos mal para que non podamos ir xuntos detrás da mesma pancarta e porque, nin sequera, as organizacións sindicais lograron converter o dez de marzo nunha data a celebrar polo conxunto de Galicia?
O certo é que fóra de Ferrol vese case como algo exótico, dunha cidade que carece de proxecto propio e referentes actuais. É necesario un cambio de rumbo, alén da unidade circunstancial.

 

DEZ DE MARZO