Volvendo ó frío e ó lío

O verán anda dando as últimas voltas. De feito, xa pasou agosto  e a inmensa maioría da xente xa acabou o seu tempo de asueto e xa está metida de cheo nos problemas que a van preocupar todo o ano. Os pícaros de infantil e primaria e os mozos universitarios xa ocupan os espazos dos seus centros. En breve, farán o mesmo os estudantes de secundaria. O novo curso escolar, con tódalas medidas que cada ano veñen tomando as diferentes autoridades educativas do PP e coa lousa que vai supor a reforma do cada día máis simpático ministro Wert –como ría en Buenos Aires!–, parece que vai ser quente. Xa hai folga convocada para a última semana do mes. No naval –o principal sostén da nosa economía comarcal– parece que as cousas tampouco pintan moi ben. Todo son posibilidades. O que non aparece por ningures é o célebre flotel mexicano. Habería que reclamarlle ó presidente Feijóo que ensinase dunha vez o contrato asinado. Aínda que se cadra xa non existe porque o tirou alguén, como pasou coas libretas de Bárcenas.

 

Volvendo ó frío e ó lío

Te puede interesar