Separación de poderes

Coido que todos teremos escoitado falar da Separación de Poderes, pero se cadra, non serán moitos os que saiban que existe independencia, entre o Poder Lexislativo, que fai as leis, o Poder Executivo, que as pon en práctica, e o Poder Xudicial, que xulga o seu cumprimento. E como hai cousas pouco doadas de entender, poderían xurdir dúbidas de se esa independencia, é boa para os gobernados. Porque, se non se poñen en práctica as leis promulgadas, se os xuíces non xulgan e condenan ese incumprimento e, se unha vez xulgado e condenado, non hai sanción, porque o Poder Executivo non o estima conveniente, atoparémonos nun verdadeiro “galimatías” que ninguén entende. Por exemplo, véxase o caso de Reganosa, cos incumprimentos, das Leis de Navegabilidade, da lei de Impacto Ambiental e das Normas de Protección do Medio Ambiente e da Paisaxe. E hai, ademais, un Goberno que exime do cumprimento da Lei e cinco sentenzas condenatorias incumpridas. E non pasa nada, porque hai “independencia”. Pois que ben!! Nonsí? 

Separación de poderes

Te puede interesar