Pensionistas

A protesta dos pensionistas, está a descubrir fallos, tanto na finanzación das pensións comoo no cálculo das cantidades asignadas ou nas porcentaxes de actualización. Se é certo que a pensión procede do cotizado por un traballador ao longo de tantos anos, non se entende que, ata agora, a viúva recibirá moito menos do aportado. A máis, seica xa non vai valer o aumento do custo da vida (IPC) como referencia para a actualización. Desde o aspecto social, coido que esa referencia estaba a ser aplicada inxustamente, pois o aumento da carestía non afecta por igual, se da pensión depende unha persoa ou se dependen dúas; e como as porcentaxes favorecen ás pensións máis altas, aumenta a desigualdade. E pois, non debería ser ao revés? Lembro que hai anos, calculábase un aumento igual para todas as pensións. Coido que será difícil artellar un sistema ideal, pero a cuestión é: Serán quen os nosos políticos de achar algo mellor? A xulgar polos que hai, non sei, non sei…

Pensionistas

Te puede interesar