A trampa

Xorden estes meus comentarios, que non son novos, ao fío da lectura do artigo de XLBarreiro Rivas do 7/IX/2017, sobre unha hipotética trampa que, segundo conta, está a tender Pablo Iglesias (UP) a Pedro Sánchez (PSOE), presidente do goberno en funcións. Fala nel da falta de confianza entre os dous partidos de esquerda, que ten a súa orixe na xenreira entre os dous líderes. Unha longa historia de rancores e desencontros .que ven de moi lonxe. Analiza Barreiro Rivas a complicada situación actual e as consecuencias de cada unha das alternativas que se barallan para a súa solución:

- Un goberno de coalición para o que non se poñen de acordo Iglesias e Sánchez. Está ben claro que non se fían un do outro. Por dicilo doutro xeito, estes dous galos non caben no mesmo curral.

- Un goberno monocromo presidido polo actual presidente que tería a oposición tanto das dereitas como da esquerda de UP, con un futuro condenado ao fracaso.

- Eleccións xerais en novembro co enorme custo político e económico que levan consigo nun país afundido nunha profunda crise que non fai máis que medrar.

Ningunha das alternativas é boa, calquera delas, nos levará a novas eleccións antes do transcurso dun ano. O articulista, con quen coincido totalmente, avoga como mal menor a terceira, a pesares do enorme custo que xa estamos pagando todos. 

O que realmente está metido nunha trampa é o sufrido pobo español como consecuencia da falta de entendemento entre os seus líderes, cada vez máis desacreditados, e isto é inadmisible baixo calquera punto de vista. Iglesias di que o problema é Sánchez e eu digo que o problema son os dous e algún máis. O goberno dun país non pode depender baixo ningún concepto das boas ou malas relacións persoais entre os seus representantes políticos. Acae moi ben aquí a coñecida expresión adicada outrora a certo presidente do goberno: ¡Pedro e Pablo, Rivera, Casado e Abascal, (ningún deles pode tirar a primeira pedra), vaianse ! A tomar por saco, si é posible.

As dereitas, a canalla e a outra, expectantes, vendo como se esnaquizan entre eles, coa esperanza de retomar o goberno perdido nunha moción de censura.

Con trampa ou sen trampa, con esta xente estamos ben apañados. Eu ben sei que me repito moito, polo que pido desculpas, pero o problema é dabondo importante para que se insista nel, anque sexa machacar en ferro frío, como está a suceder dende o mes de abril. Para rematar cabe rememorar as verbas do patriarca de Cures que sentenciaba: “Arrogancias nunca ganaron pleitos” (Cara de Plata, Ramón Mª del Valle Inclán).

A trampa

Te puede interesar