PROPAGANDA

É normal que ninguén crea que o acordo do pleno de Ferrol sobre a rehabilitación integral e a elaboración do plan socio-comunitario para Recimil sexa máis que un anuncio oportunista de boas intencións. Dende cando á dereita preocúpalle este barrio, mais cando de sempre apostaron polo seu derrube total?
Estamos ante un goberno da dereita sen xestión e apurando obras alleas grazas ao Plan Urban. Ás portas dunhas novas eleccións. Sumado á desfeita que sofre o PP con ducias de dirixentes imputados. Evidentemente, teñen medo da factura a pagar en maio de 2015.
O certo, e o vimos este domingo coa propaganda institucional, é que a dereita está nunha desaforada campaña de imaxe. Pero os propietarios históricos e os inquilinos legalizables xa teñen todos os argumentos para amargarlle a campaña electoral a José Manuel Rey. A xente está farta de promesas.

 

PROPAGANDA

Te puede interesar