Unha simple palabra, un sinxelo xesto, poden promover cambios, incluso sociais, ante actos, situacións, costumes ou leis inxustas. Recordemos a Rosa Parks, a costureira que non cedeu o seu asento de autobús reservado aos brancos, abrindo asi unha loita polos dereitos civís no contexto do racismo.
No noso entorno, como era de esperar (It’s de economy stupid), o 15 deste mes en augas de Rianxo celebrouse unha nova edición da bandeira de traiñas da Deputación da Coruña so na modalidade masculina.
Este feito conleva polo menos dúas derivadas. A política, que nos amosa a aparente falta de comunicación e coordinación entre seccións do ente provincial.
A deportiva-social, non sabemos que ocurriría noutros territorios, mais na provincia, as xentes do remo non tiveron a suficiente valentía, empatía e solidariedade para rexeitar a súa participación na regata decindo unidos a unha soa voz: ¡sen mulleres, non!