Onde están?

Nestas datas, necesariamente aínda, todos os medios de comunicación nos recordan a invisibilidade ou a sub representación femenina nos órganos directivos de toma de decisións dos ámbitos político, económico, empresarial, xurídico, etc, que teñen unha baixa porcentaxe nos centros de poder. Pola contra, nin agora nin o resto do ano, apenas vemos novas que resalten a súa presenza. Onde están logo as mulleres? En múltiples sectores e profesións, sendo unha forza maioritaria e notoria no ensino, na sanidade e nos servizos sociais. Ademais o perfil actual das persoas participantes no voluntariado social en España retrata unha muller xoven, con estudos superiores e en paro. Velas pois, están arrimando o ombreiro, aportando solucións, comprometéndose cos demais, axudando na crise ós máis débiles, substentando dende a base o que nos queda do estado do benestar. Sen elas, sen dúbida, sería maior a debacle. 

 

Onde están?

Te puede interesar