SOLIDARIDADE

É esta unha fermosa palabra da que se fala moito, mais que se utiliza menos do debido. Nesta sociedade do individualismo á que nos queren levar e, por desgraza, van levando, as persoas todas deberiamos ter a certeza de que en momentos complicados imos poder contar coa axuda doutros, que non é outra cousa o que quere dicir solidariedade.
No día que marca o final do carnaval, cando me sentei a almorzar co noso Diario, atopo na primeira plana a nova “Imponen a un ferrolano una multa de 601 euros tras ser desalojado de un pleno”. Segue o antroito, foi o primeiro que pensei. Pero non. Púxenme a ler a noticia e vin que a cousa non era tal. De entrada fiquei pampo e logo anoxado, desgustado, enrabiado... Como sei quen é Zebral non lle atopo sentido ningún a toda esta historia. Só penso en que apañados estamos se alguén entende que a súa actuación supuxo unha infracción grave da lei de seguridade cidadán. E dígoo desde a miña posición de defensor firme de que as leis hai que cumprilas. Mais hai cousas... Podiamos falar de Rita Barberá. Por exemplo
 

SOLIDARIDADE

Te puede interesar