Definicións

Durante bastantes anos pasei as vacacións de verán en Cedeira, polo que teño pasado infinidade de veces por diante dunha tremenda casa que, en Valdoviño, luce un gran rótulo na porta de acceso á finca no que se le: Avenida de España. Sempre escoitei que quen mandou construírse esa auténtica mansión foi un emigrante que fixo fortuna. Hai uns días, contra a noite, acheguei o neto á vila cedeiresa -onde pasa os veráns- e á volta para Ferrol reparei no letreiro, pensei no emigrante que o mandou poñer e pareceume recordar que fora no Brasil onde estivera. E por aí, fixen unha asociación cun excelente xogador galego, que de neno emigrara cos pais a Brasil e alí, cando triunfaba no Corinthians e no Flamengo, era coñecido como Espanhol. Logo, cando fichou polo Atlético de Madrid, o alcume xa non tiña sentido e converteuse en Ufarte. E pensaba eu: por que o letreiro do caserón do concello do Aviño non facía alusión a Galicia e José Armando Ufarte non fora alcuñado Galego?

Definicións

Te puede interesar