O 26 de xaneiro de 2016 o Parlamento galego (e, xa que logo, o presidente Feijóo) aprobaba admitir a trámite unha iniciativa popular a prol dunha tarifa eléctrica galega. A ILP defendía que a enerxía no noso país debe ser máis barata entre outras razóns porque somos produtores dela. Propúñanse medidas dirixidas á potenciar as enerxías renovábeis, o aforro enerxético... E salientábanse os beneficios que para as empresas e a creación de emprego tería a tarifa eléctrica industrial. Asemade, amosábase unha grande preocupación social propondo que foran as institucións ás que asumiran os custes da luz ou calefacción das familias con dificultades. Un ano despois nada se soubo do asunto. Perdón, non se soubo até hai uns días cando o presidente Feijoo desbotou a tarifa eléctrica galega porque “ ningún español lo entendería”. O que resulta imposíbel de entender é a brincadeira coa que rompe a palabra dada aos galegos.