Idiota

|

do grego idiotes, o idiota era simplemente aquel que se preocupaba so de si mesmo, dos seus intereses privados ou particulares, sen prestar atención aos asuntos públicos ou políticos.
Rápido esta palabra pasou a ser un insulto, pois na antigüedade grecorromana a vida pública era de gran importancia para os homes libres. Ser un idiota, como persoa preocupada so do seu, convirteuse en ser un idiota coa acepción actual, xa que na democracia era considerado deshonroso non participar nela. Na nosa realidade actual a “deshonra” era imposta pola propia  lexislación electoral vixente a máis de cen mil persoas con discapacidade intelectual suxeitas a tutela xudicial, e que para exercer o seu dereito ao sufraxio debían contar co permiso dos tribunais.
A aprobación o pasado mércores do dictamen da comisión consticional do Congreso para acabar coas trabas ao seu voto fai un pouco millor a nosa democracia.

Idiota