Quentiño e escumoso

Unha das cousas que me exasperan do presidente Núñez Feijóo é ese de arrancarse por peteneras -que diría un flamenco- tan pronto como se lle pregunta algo comprometido. Ese tipo de comportamentos -diría que chulescos-, dos que, por desgraza, non ten a exclusiva paréceme unha absoluta falta de respecto a quen o interpela. E non só, porque esa desconsideración afecta tamén á cidadanía interesada en coñecer o asunto do que, en cada caso, se trate. No Ferrol da miña infancia -supoño que tamén noutros espazos e tempos- moitas dos debates entre os cativos, unha vez que pasaban pola fase de “Y tú más”, adoitaban acabar cun “¿Y tu padre qué tal mea?”, que podía ser respondido: “Calentito y espumoso”. Desviábase a cuestión e punto.


O que fixo don Alberto nestes últimos días. Así, cando o señor Caballero lle preguntou se non se ía desculpar pola vacinación irregular da conselleira delegada de DomusVi, se referiu a que tamén o fixeran cargos públicos do PSOE por España adiante. E cando a señora Pontón quixo saber dos proxectos da Xunta a respecto dos fondos Next GenerationEU, tildándoo de axente comercial dun grupo de multinacionais, pasou a dicir cousas como que non hai nada máis antigalego que reunirse con Otegi e Junqueras.

Quentiño e escumoso

Te puede interesar