Pai hai só un

E alan os medios estes días da visita das infantas Dª Elena e Dª Cristina ao seu pai o rei emérito no seu retiro-exilio nos Emiratos Árabes. Penso que é unha boa nova que Don Juan Carlos agradecerá en todo o que vale e significa. O que non sei é como encaixará Don Felipe esta decisión das súas irmás.

Esto lévame a pensar na difícil situación de Felipe VI, na súa dobre condición de fillo e de rei. Vaia por diante que falo dende o respecto tanto ao Monarca como á Monarquía. Ao meu xuízo hai que distinguir dous puntos de vista contrapostos. Por unha banda as obrigas que leva consigo o ser rei de España. Pola outra a súa condición de fillo. Como rei supoño, sen medo a equivocarme, que os políticos, sempre dispostos para a crítica, non verían con bos ollos unha posible viaxe a Abu Dabi, aproveitando a ocasión para atacar ao rei e á Monarquía.

Súa visita tería que ser polo tanto como fillo e isto é ben doado de entender con un chisco de boa vontade, por unha oposición por moi disposta que estea sempre a criticar as decisión reais.( Neste intre están a cuestionar o traslado da infanta Leonor a Gales co gallo de estudar o Bacharelato europeo, disque polo seu elevado custo, sen embargo aínda non sei de ningunha crítica pola esperpéntica operación Messi.)

Don Juan Carlos é un home maior, presunto culpable dos delitos que se lle apoñen pero, el non é o único. Pécase tamén por omisión, disque o que cala outorga, que foi o que con toda seguridade, fixeron moitos aproveitando a ocasión para facer o seu agosto á súa sombra. Esto podería constituír, ao meu modo de ver, unha desgravación da súa responsabilidade.

Non son quen de dar consellos a un rei, Deus me libre, pero o que si podo é dar a miña opinión, repito que con todo respecto. Eu no seu caso si iría a visitar ao meu pai, por suposto como fillo. Esta decisión real sería por riba unha confirmación da súa autoridade, que terían que comprender e respectar todos os políticos, os de aquí e os de acolá. Do mesmo xeito Felipe VI, aquí como rei e como fillo, ten que inhibirse por razóns evidentes, nun hipotético xuízo ao seu pai.

Para min persoalmente a súa viaxe sería motivo de alegría, ao fin e cabo perdoar e tamén unha prerrogativa real. En calquera caso, sen ningunha dúbida, Don Felipe, como rei e como fillo, saberá o que ten que facer.

Pai hai só un

Te puede interesar