Preto de 900 personas participaron desde 2001 no proxecto pioneiro dos PCPI na comarca

Preto de 900 personas participaron desde 2001 no proxecto pioneiro dos PCPI na comarca
imaxe do acto de clausura dos pcpi do curso académico que vén de rematar

Dentro da oferta de Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que existe na comarca de Ferrolterra inclúese a modalidade, pioneira en Galicia, que no ano 2001 impulsaban varios centros educativos da cidade ferrolá e que botaba a andar con  27 alumnos matriculados –a partir de aí a cifra foi incrementándose ata os 120 do curso que vén de rematar–.
O proxecto, que ten por obxectivo facilitar a inserción laboral dos participantes, consistiu en implicar nestes plans de formación, a través de convenios de colaboración, ás institucións públicas, como consellerías e concellos, así como ao tecido empresarial da zona.
Doce anos despois, o programa segue dando pasos cara adiante e incorporando novos centros educativos. O vindeiro curso iniciará a súa andaina neste programa o CPI Conde de Fenosa, ao igual que o pasado curso fixo un centro educativo de A Coruña, o IES Urbano Lugrís.
Tamén nos últimos anos foron incorporándose ao plan impulsado por varios centros de Ferrol –na actualidade están inmersos os IES Ferrol Vello, Canido e Catabois– outros da comarca de Ferrolterra, como o CPI do Feal de Narón, o IES de Fene e o IES Fernando Esquío de Neda.
Xunto a eles, as Consellerías de Educación e Traballo e os municipios aos que pertencen os diferentes centros apoian unha iniciativa na que ano tras ano tamén se implican moitas empresas da zona para que os alumnos desenvolvan a formación profesional específica e as prácticas –o pasado curso foron máis de medio cento os negocios que brindaron os seus centros de traballo para a formación dos alumnos–.
Os PCPI-AFD (Accións Formativas para Desempregados) son unha alternativa formativa para maiores de 16 anos demandantes de emprego encamiñada a aprendizaxe básica dun oficio e á procura dun emprego. Así, os participantes realizan formación básica un ou dous días á semana e tres ou catro nas empresas ao longo dun curso académico.
En cada centro educativo ofértase un perfil determinado. O vindeiro curso haberá oito: Comercio (reposición, alimentación e almacenaxe), Hostalería, Carpintaría, Limpeza de inmobles, Pastelería e Panadería, e Asistencia en Actividades e en Instalacións Deportivas. En cada un deles ofértanse un total de 15 prazas.

inserción laboral
Desde a posta en marcha desta modalidade de PCPI –antigamente denominados PIP– na cidade ferrolá, no curso 2001/2002, preto de 900 persoas participaron nestas accións formativas, rexistrándose un incremento paulatino do número de alumnos de xeito paralelo ao incremento da oferta de estudos. De todos estes, 585 superaron con éxito o programa e 278, o que supón máis do 30%, atoparon un traballo.
No que atinxe aos datos do curso que vén de rematar, do total de 120 alumnos que iniciaron a formación, 33 remataron cun contrato de traballo, o que supón unha inserción laboral do 27,5%. No perfil de Comercio formalizáronse 15 contratos (1 na área de reposición, 9 en alimentación e 5 en almacenaxe. No perfil de Servizos de Restauración pecháronse 6 contratos; 1 en Carpintería; 7 en Limpeza de mobles; y 4 en Pastelería-Panadería.
Ademais, algúns –288 desde a posta en marcha dos programas–, retomaron os estudos logo do seu paso polos PCPI, pois desde o seu inicio e ata hai uns cursos estes programas estaban dirixidos específicamente a mozos de entre 16 e 21 anos que non estiveran en posesión do graduado en ESO –agora o único requisito é ser maior de 16 anos e demandante de emprego–.
Desde a coordinación dos PCPI fan unha chamada ao apoio da Mancomunidade para contribuír ao reforzo duns plans dos que tan só se pode facer un balance positivo.

Preto de 900 personas participaron desde 2001 no proxecto pioneiro dos PCPI na comarca

Te puede interesar