Narón reinicia o Pazo da Cultura cun 60% do aforo total e un protocolo de seguridade específico

Narón reinicia o Pazo da Cultura cun 60% do aforo total e un protocolo de seguridade específico
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O Pazo da Cultura de Narón volver abrir para inaugurar a programación escénica do outono cun concerto da cantante “Sés”. O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios, xunto cunha empresa especializada, elaborou un protocolo específico para este espazo, semellante ao que existe nos centros cívicos e outros lugares comunitarios. Así, haberá itinerarios especiais, limpeza e o que se dá en chamar “etiqueta respiratoria” e tamén unha redución do aforo.

A normativa permite que se ocupe o 75 % das cadeiras, pero en Narón decidiron baixar ata o 60%, o que dá máis xogo á hora de agrupar persoas convivintes e grupos en prazas contiguas. .

A “nova normalidade” non impediu que o Pazo da Cultura tivese un grande aforo para escoitar a Sés, en xira co seu disco “Liberar as arterias”. Esta tarde, ás oito, será a quenda para Teatro do Noroeste e “As virxes salvaxes”, mentres que o domingo ábrese paso a programación familiar co espectáculo “Os golfiños e o xigante”, de Fantoches Boj. Será ás seis da tarde.

Chévere

O sector cultural está en plena reivindicación para que se reactiven as actividades, que ao longo deste verán demostráronse seguras. A reanudación da programación estable nos auditorios é unha boa nova tras o choque que supuxo o confinamento. Tamén Ferrol principiou onte esta axenda (aínda que no seu caso, o Jofre xa se estreara co Jazz de Ría). Foi co Grupo Chévere e a obra “Curva España”. No Auditorio impartirá hoxe unha clase maxistral o bailarín Jaime Pablo Díaz da compañía Nova Galega de Danza.

Tamén no caso do Jofre se establecen medidas que son máis conservadoras que o que permite a normativa autonómica. Ocuparanse ata 303 prazas do teatro (de 552) e 414 no Auditorio (de 880). O sistema de venda de entradas a través da taquilla de Abanca (ataquilla.com) bloquea automaticamente as butacas colindantes cando se mercan os asentos. l

Narón reinicia o Pazo da Cultura cun 60% do aforo total e un protocolo de seguridade específico

Te puede interesar