A sardiña afogou na despedida en Ultramar

A sardiña afogou na despedida en Ultramar
Enterro de la Sardiña en Ultramar

Aínda que finalmente se queimou a sardiña, parecía que onte en Ultramar o simbólico peixe do Entroido ía morrer por afogamento debido á incómoda chuvia que acompañou a xornada e modificou o programa festivo. Agardábase un día chuvioso, e ata o último momento a AVV de Ultramar esperou para poder despedir o Entroido polas rúas do centro do barrio.
A auga intensa caída na xornada levou a que as 16 formacións decidisen subir directamente desde a próxima rúa Venezuela cara a gran carpa instalada na praza de Ultramar, onde se desenvolveu a gala e a actividade carnavalesca. As viúvas de Ultramar, que lideraban a marcha cos seus prantos, Paso a paso, Os nenos de Lola, Os Xunquiños, Troupele Troupele, Os Argalleiros, A Canteira, Os Colludos, Os Piratas de Penencia, Os Parrandolos, Os Trastos, A Revolta, Os Juasapeiros da Comarca, Xente de aquí e de acolá, Os Indios de Ultramar e Los Pingüinos, conformaban a que foi a congregación de comparasas máis numerosa das celebradas en Ferrol e na comarca, chegadas ademais desde diferentes concellos. Todas elas subiron ao escenario da praza de Ultramar, segura da chuvia pola gran carpa instalada.

espectáculo
O programa festivo que despide o carnaval ferrolán desenvolveuse coa maior normalidade posible no populoso barrio. A actividade comezou cun obradoiro infantil de disfraces e maquillaxe. Ao redor das 20.00 horas a organización decidiu suspender o pasarrúas previsto coas comparsas e centrar o espectáculo na gala. Sobre o escenario pasaron as formacións elevaron todo tipo de criticas á situación actual, crise, corrupción, partidos políticosou o momento actual polo que está a pasar Ferrol.
Tralo espectáculo das diferentes comparsas o final chegou pola queima dunha ben abrigada sardiña. Pirotécnia Millarengo foi a encargada de converter en cinzas ao Entroido que transformado en sardiña deberá agardar outro ano para amosar ao vivo o duro combate entre don Carnal e dona Cuaresma que tanto gusta por estas terras.

A sardiña afogou na despedida en Ultramar

Te puede interesar