Carlos Mosquera “Mos” logra o premio á mellor música orixinal nos María Casares

Carlos Mosquera “Mos” logra  o premio á mellor música orixinal nos María Casares
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-29-021-09995682

Consolidada como unha das compañías teatrais de referencia en Galicia, a naronesa Obras Públicas logrou o pasado xoves dous dos premios María Casares da escena galega. Co seu musical “Bye Bye Honey”, con texto e dirección de José Prieto, foron galardoados como mellor actor secundario César Goldi e como mellor música orixinal a composta polo actor e músico Carlos Mosquera “Mos”.
O ferrolterrán estaba onte todo orgulloso coa súa xarra: “a verdade é que estou feliz. Esta é unha aposta difícil nun panorama teatral dominado por monologuistas, pero como di José Prieto temos que tirar para adiante, cara o abismo”.

un disco ao fondo
Mosquera creou especialmente para “Bye Bye Honey” once cancións das catorce que consta o espectáculo. Un traballo que podería encher todo un disco: “si, ese sería o noso obxectivo. Facer a banda sonora do espectáculo, pero todo dependerá de se as representacións van ben nos próximos meses”.
En canto á súa dobre faceta como músico e intérprete, Mosquera reflexiona: “gústame que me premien como músico, porque o sigo a ser e ademais foi onde comecei. Espero que no futuro caia algo como actor, estaría ben”. Esta é a segunda colaboración musical de Mosquera cos textos de Prieto, que xa traballara como actor e músico para o anterior espectáculo de Obras Públicas “Life is a paripé”. O próximo 7 de xuño “Bye Bye Honey”, que tamén conta no elenco coa actriz Iolanda Muíños, poderá verse no Pazo da Cultura de Narón.

Carlos Mosquera “Mos” logra o premio á mellor música orixinal nos María Casares

Te puede interesar