Ángeles Alvariño é a protagonista da primeira xornada do proxecto “Apego”

Ángeles Alvariño é a protagonista da primeira xornada do proxecto “Apego”
Os asistentes onte ao Antigo Hospicio desfrutan do contacontos jorge meis

Unha nova edición do programa “Apego. Pola vida e pola lingua” deu onte o seu pistoletazo de saída coa celebración dun contacontos musicado no Antigo Hospicio, dedicado á oceanógrafa ferrolá Ánxeles Alvariño polo centenerario do seu nacemento.
Rapaces e pais disfrutaron durante unha hora –a partir das doce do mediodía– da actuación do grupo Polo correo do vento, quen puxo palabras, música e debuxos á vida da ilustre ferrolá, coa intención de achegar un pouco máis a súa figura ós cativos de 3 a 10 anos, así como para conciencialos da importancia que ten protexer os ecosistemas mariños. Asimesmo, os máis pequenos puideron divertirse tamén pintando retratos da científica.
Un dos que non se quixo perder a cita, e máis sendo festivo e co tempo que facía na rúa, foi o concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, quen destaca que “Apego” está pensado para todas aquelas familias que “queiran que a lingua galega forme parte da súa nova vida, coa chegada dun fillo/filla ás súas casas”.
Neste sentido, Montes anima a todas as familias a se achegar aos servizo de normalización lingüística do Concello a recoller un “agasallo” con recursos, servizos e materiais que facilitarán “a tarefa de incorporrar o galego na comunicación cos pequenos/pequenas”.
O grupo Polo correo do vento, xa representou o pasado 8 deste mes, na Biblioteca Pública Municipal de Narón, “Un Ronsel de Ardora. Pequena biografía de ÁngelesAlvariño”, o primeiro volume da colección “Mulleres galegas” feita polos fundadores do colectivo especializado en actividades infantís, e coa que trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega.
Parte da sinopse dese traballo recorda o papel relevante que representou para a sociedade María de los Ángeles Alvariño –Serantes 1916, San Diego 2005–, chegando a ser “unha científica galega de recoñecemento internacional”. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña e “chegou a descubrir 22 especies novas de organismos, participou en diversas expedicións científicas e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba”.

próximas actividades
O programa “Apego” continúa o vindeiro venres 28 outubro coa representación da obra “Iriña Bailarina”, de Teatro Ghazafelhos, na capela do Torrente Ballester. A actividade comezará ás sete da tarde e recoméndase que os rapaces vaian acompañados de ata dúas persoas adultas. Na obra traballarase na importancia da igualdade a través dos xogos de intercambio de roles. As entradas, malia ser de balde, teran que recollerse antes no teatro Jofre e estarán a disposición o sábado anterior –día 22–, ou na capela o mesmo día do espectáculo. O número máximo de tickets que se permiten por persona son tres.

Ángeles Alvariño é a protagonista da primeira xornada do proxecto “Apego”

Te puede interesar