O aresán Enrique Ramil abre o programa festivo da súa vila

O aresán Enrique Ramil abre  o programa festivo da súa vila
O cantante aresán foi recibido no Concello para a continuación proceder á lectura do pregón | daniel alexandre

O músico e cantante Enrique Ramil, coñecido entre outras cousas polo seu paso por varios concursos televisivos –o último, Factor X– foi onte o encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Mar do seu pobo natal, Ares. Antes da lectura do pregón, Ramil foi recibido no salón de plenos do Concello polo alcalde e membros da corporación e ante a presenza de familiares e amigos en recoñecemento aos éxitos do homenaxeado. Xa desde o balcón do consistorio, animou á veciñanza a gozar dun programa festivo que hoxe incluirá, a partir das 12.00 horas, a V Romaría Folclórica do Grupo de Gaitas Aresán, no parque Rosalía de Castro. Ás 18.00 horas haberá un pasarrúas coa Charanga NBA, ás 22.00 horas concerto do grupo The Kids Band Ferrol na praza da Igrexa e ás 00.00 horas verbena a cargo do grupo ferrolán Nuevo Plan. Os festexos continuarán ata o xoves. l

O aresán Enrique Ramil abre o programa festivo da súa vila

Te puede interesar