Mugardos pon en marcha a VI edición do seu Premio de Poesía

Mugardos pon en marcha a VI edición do seu Premio de Poesía
entrega dos galardóns aos gañadores o pasado ano luis polo

Por sexto ano o Concello de Mugardos pon en marcha o seu certame poético en lingua galega que fallará o 21 de marzo, Día da Poesía. Así, establécense tres categorías: ata os 12 anos, de 13 a 17 e iguais ou maiores de 18 anos. Os traballos serán unha poesía de tema libre, DIN A4 por unha cara mecanografada a dobre espazo, corpo de letra 14, e encabezada polo título.

As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas antes. Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo autor e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do DNI e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono. O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro. Presentaranse no rexistro do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado a: VI Certame de Poesía Concello de Mugardos, Concellaría de Cultura, Deporte, Turismo e Mocidade, Avenida de Galicia, núm. 45, (15620), Mugardos (A Coruña).

Os premios serán un bono para mercar libros por valor de 40, 60 e 100 euros da menor á maior categoría, respectivamente.

Mugardos pon en marcha a VI edición do seu Premio de Poesía

Te puede interesar