Estudantes e Anpas animan á cidadanía a respaldar hoxe as mobilizacións contra a Lomce

Estudantes e Anpas animan á cidadanía a respaldar hoxe as mobilizacións contra a Lomce
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-917d030c

Representantes da Federación comarcal de Anpas de centros públicos –o presidente Javier Sánchez e a secretaria Lorena Dapena– e o voceiro do Sindicato de Estudantes, Guillermo Díaz, reiteraron onte a importancia da mobilización convocada para hoxe pola Confederación Anpas Galegas e polo devandito colectivo estudiantil coa finalidade de esixir, unha vez máis, a derrogación do Lomce e a completa eliminación das reválidas. 
A xuízo destes, tanto a proposición de lei impulsada polo PSOE para suspender o calendario de implantación da Lomce e o anuncio do ministro de Educación de aprobar un decreto para deixar sen efectos académicos as reválidas son “falacias” que só pretenden desmobilizar á sociedade. “O PP vén facendo constates anuncios co obxectivo de que na opinión pública cale a idea de que as reválidas están suprimidas, e non é verdade”, comentaron onte.
Neste sentido, Sánchez lembra, entre outras cousas, que as devanditas probas de avaliación xa non tiñan validez académica no curso actual polo que non hai ningún motivo novo e ningunha novidade para abandonar as protestas, centradas unha vez máis na esixencia de derrogar a Lomce e voltar á LOE para a partir de aí comezar a negociar un pacto de estado en materia de ensino.

manifestación
As mobilizacións contiuarán pois hoxe cunha xornada de folga á que están chamados tanto os estudantes de ensino secundario como as familias con fillos en Infantil e Primaria aos que se anima a non mandar aos seus fillos á escola para respaldar así a protesta.
Ás 12.00 horas partirá ademais unha manifestación desde  diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia na Praza de España. Pola tarde, ás 19.00 horas no mesmo escenario, celebrarase unha concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Tamén desde a área de Educación de Esquerda Unida de Ferrol quixeron animar ao conxunto da cidadanía a participar nas mobilizacións contra “a lei educativa máis rexeitada pola comunidade educativa no periodo democrático”. EU Narón, pola suá banda, apoia a folga e presentarán tamén unha moción ao pleno na que solicita a derrogación do decreto que regula as reválidas. n

Estudantes e Anpas animan á cidadanía a respaldar hoxe as mobilizacións contra a Lomce

Te puede interesar