O “leite de verdade” da granxa O Cancelo xa está en Ferrol

O “leite de verdade” da granxa O Cancelo xa está en Ferrol
dispensador de Leche O Cancelo

O leite “de verdade” da granxa O Cancelo xa está en Ferrol. Dende hai algún tempo varios establecementos da cidade contan cun dispensador no que é posible obter o resultado do ordeño sen intermediarios nin máis tratamento que a pasteurización, a posta a 72 grados durante 15 segundos, que garante as súas boas condicións durante oito días. Nas máquinas dispensadoras se conserva a menos de cinco graos en perfecto estado.
O leite “100% natural” pode comprarse a 90 céntimos o litro no centro da cidade, no dispensador situado na cafetería Pink Boar –máis coñecida como Guinness– na rúa Real á altura da praza de Amboaxe, ou no que ten o veterán restaurante O Urogallo, na estrada de Catabois. Tamén se comercializa, en botella, na tenda de ultramariños La Huerta del Camino, en Real 162, entre Amboaxe e Capitanía.
Os clientes poden levar a súa propia botella para recheala na billa, ou ben mercar tamén a de cristal que está disponible nos devanditos establecementos, en cuio caso o precio do litro aumenta ata os 1,55 euros. É leite pasteurizado, cun tratamento exclusivamente térmico que garantiza a durabilidade durante oito días e que permite a posta a disposición do comprador unhas horas despois do ordeño, unha sensible diferencia respecto ó leite que vén a menudo de Francia, envasado en tetrabrick. Como destacan desde a Granxa O Cancelo, é leite “de verdade”, non homoxeneizado como o que se vende habitualmente, polo que é normal que nunhas épocas do ano sexa máis gordo que noutras e forma unha capa de nata cando a gardas no frigorífico.
A Granxa O Cancelo instalou a súa primeira máquina expendedora de leite fresco no ano 2011 na cidade herculina. Dende entón a rede vai medrando. Pontedeume foi o primer punto de venda na zona, alí funciona un dispensador que está na rúa, mentres que en Ferrol a máquina está dentro de diferentes establecementos. Á lista antes referida súmase tamén a tenda ecológica Ecool, situada no número 66 da Estrada de Castela, aínda que agora está temporalmente pechada por obras.
Segundo comentan no Pink Boar, xa hai certo número de clientes que son habituais compradores deste leite 100% natural. Moitos deles, comentan, o usan para cociñar. Os xeados naturais son outros dos produtos “auténticos” que comercializa a granxa O Cancelo –algún con sabores tan próximos como o do requeixo da Capela– e que por sorte se van abrindo paso no mercado ferrolán. Pódense comprar xa en La Huerta del Camino ou no restaurante O Urogallo.
O Cancelo pertence á Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que produce 1.100.000 litros de leite ao ano. O 90% do total véndese á industria, para o seu envasado e venda por cauces homoxéneos e habituais, e o outro 10% vai directamente ao consumidor a través da comercialización en pequenas tendas e dos dispensadores.

O “leite de verdade” da granxa O Cancelo xa está en Ferrol

Te puede interesar