As rúas de Ferrol recuperan a actividade para os máis pequenos

As rúas de Ferrol recuperan a actividade para os máis pequenos
Imaxe de Piolín, Minnie e Mickey que xogaron con pequenos a pasada semana daniel alexandre

Despois do parón motivado polo cambio de ano, a programación festiva de Nadal do Concello de Ferrol continúa desde hoxe a ata a fin de semana con nornalidade. Así, a partir das 17.00 horas na praza de Amboaxe, onde continúa aberto o mercado de Nadal, os máis pequenos poderán xogar e facerse fotos cos membros da popular familia Simpson. A actividade continuará nas rúas do centro da cidade, entre as 18.00 e as 21.00 horas, con varias actuacions musicais.

Estas mesmas propostas manteranse mañá, aínda que os visitantes na praza de Amboaxe serán, nesta oportunidade, os populares Bob Esponja, Pocoyó e o pato Donald. Fóra do centro da cidade, o próximo venres a banda de jazz Dixie Bands percorrerá a estrada de Catabois, de 12.00 a 14.00 horas, animando a xornada matinal. Posteriormente, de 16.00 a 16.50 horas, pasearán polo barrio ferrolán os personaxes de Shrek, Fiona, Kitty e Bob Esponja para xogar e facerse fotos con máis pequenos.

 

esperando aos reis

A culminación da programación de Nadal será o próximo sábado coa cabalgata dos Reis Magos, á que o Concello destina 36.000 euros do presuposto de 100.000 co que está a organizar a programación festiva. Un ano máis cumprirase a tradición e os Reis chegarán a Curuxeiras. Ás seis da tarde sairá o séquito desde a rúa Venezuela de Ultramar para chegar á praza de Armas.

As rúas de Ferrol recuperan a actividade para os máis pequenos

Te puede interesar