A lingua e cultura inglesas, grandes protagonistas da semana no colexio Lestonnac

As actividades sucederanse toda a semana no centro | daniel alexandre
|

Arredor delas xiran as actividades desenvolvidas durante o horario lectivo.

O programa concluirá o venres coa tradicional xornada de portas abertas dirixida a todos os membros da comunidade educativa.

Na primeira parte desta xornada desenvolveranse obradoiros cuxa temática estará estreitamente relacionada coa cultura inglesa, concretamente coas carreiras de cabalos de Ascot.

Na segunda parte, procederase á entrega dos premios aos gañadores do Certame de Cartas de Amor e, como colofón, o CorEnglish, formado por alumnado e profesorado do centro, interpretará varias pezas musicais para todos os asistentes.

Portas abertas
Ademais, os días 21 e 23 deste mes, o centro organizará dúas xornadas máis de portas abertas dirixidas a novas familias que desexen coñecer o novo proxecto educativo do colexio, os servizos cos que conta e as súas instalacións.


De todos os xeitos, as familias interesadas en acudir outro día, poderán poñerse en contacto co centro para realizar entrevistas individualizadas.

A lingua e cultura inglesas, grandes protagonistas da semana no colexio Lestonnac