Despedida institucional aos menores saharauis e de Chernóbil que pasaron o verán en cidade

Despedida institucional aos menores saharauis e de Chernóbil que pasaron o verán en cidade
Os menores arroupados por membros da corporación local naronesa

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu onte o acto de despedida aos menores procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf, en Arxelia, e de Chernóbil, que pasaron o verán con familias de acollida do termo municipal. Ao acto acudiron tamén os voceiros de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; BNG, Teresa Sabio e EU, André Abeledo, se ben se desculpou a ausencia da portavoz do PSOE e edil de Acción Social, Catalina García, que por motivos familiares non puido estar presente. 
Representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e das familias de acollida acudiron á convocatoria, na que os menores informaron aos representantes do goberno local da súa estadía na cidade, que rematará para uns o día 8 e para outros o 11 de setembro. O mesmo fixeron as tres rapazas procedentes de Chernóbil que, a través da ONG Ledicia Cativa chegaron o pasado mes de xuño á cidade e que marcharán hoxe de regreso para as súas casas. Seis nenas e nenos saharauis, dos sete que estiveron en Narón, e tres nenas de Chernóbil –viñeron seis e catro estiveron con familias de Narón e dúas de Ferrol– asistiron á convocatoria, que rematou cun ágape. Desde Sogaps agradeceron a Narón a colaboración nos dous programas, financiados con 7.000 e 2.500 euros, respectivamente. l

Despedida institucional aos menores saharauis e de Chernóbil que pasaron o verán en cidade

Te puede interesar