Chega “Amada liberdade”, o esperado libro de memorias de Fernando Pérez-Barreiro

capa do traballo no que pã©rez-barreiro lembra a sãºa vida
|

Xusto cando se cumpre o terceiro cabodano de Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931-Lancaster, 2010), Edicións Xerais confirma a publicación este mesmo mes do seu esperado libro de memorias “Amada liberdade”. O volume, dictado á súa dona Teresa Barro durante o seu último ano de vida, inclúe abundante material gráfico e incluso unha parte da propia Teresa titulada “A vida xuntos”, a modo de contrapunto.

Ao longo de 400 páxinas, Pérez-Barreiro recompón a súa existencia do Ferrol dos anos 30 e 40 ata o paso pola facultade de Dereito de Santiago e a súa marcha ao Londres dos anos 60 onde continuou practicando un insólito galeguismo na diáspora. Polo volume desfilan as impresións do Ferrol dos anos 40 e 50, a influencia de Carvalho Calero, as experiencias intelectuais e culturais do Santiago dos anos 50, as amizades e a marcha a Inglaterra e o seu intenso labor na BBC, como tradutor e profesor en Londres. Todo isto sen deixar o seu compromiso con Galicia e a súa cultura. As memorias tampouco pasan por alto temas polémicos como o tratamento, crítico pero razonado, da figura de Ramón Piñeiro, ou o carácter dun país que tanto amou aínda sendo consciente das súas eivas.

Chega “Amada liberdade”, o esperado libro de memorias de Fernando Pérez-Barreiro