A revista “DeExcursión” propón medio cento de ideas para saídas escolares pola comarca

A revista “DeExcursión” propón medio cento de ideas para saídas escolares pola comarca

As etapas do Camiño Inglés polos concellos Ferrol, Narón ou Neda;  a ruta das Meninas de Canido; a visita ás instalacións do parque temático do mundo rural Aldea Nova; o mosteiro de Santa Catalina de Ares; unha experiencia industrial en As Pontes; ou a ruta das aves en Cariño.
Estas son só alguhas das cincuenta propostas recollidas na segunda edición da revista “DeExcursión”, unha publicación dirixida aos centros educativos para que os profesores poidan programar saídas fóra das aulas durante todo o curso polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Ampliación
A obra, que vén de ser enviada a máis de cincocentros centros educativos das provincias da Coruña e Lugo, viu incrementada a colaboración de concellos e institucións. 
Este apoio permitiu chegar a 68 páxinas mantendo o atractivo deseño e a calidade de impresión que xa caracterizaron o número anterior.
Colaboración
Xunto aos 15 concellos que desta volta apoiaron a publicación –algús dos que xa participou o pasado ano quixo incluír novas saídas–, a Asociación de Veciños Val de Esmelle brinda tamén este ano aos grupos escolares as rutas patrimonais que puxo en valor pola parroquia ferrolá. A Deputación Provincial da Coruña e a Autoridade Portuaria de Ferrol volven apostar por un catálogo a cuxas propostas incorporouse tamén o museo de Exponav.
A revista nútrese tamén da publicidade de empresas e institucións culturais que organizan actividades de interese para os estudantes de diferentes niveis educativos.
“DeExcursión” foi enviada a todos os centros educativos da provincia da Coruña así como a diferentes municipios da de Lugo que, pola súa proximidade, poden organizar con facilidade saídas ás propostas recollidas nunha publicación á cuxos contidos pódese acceder tamén a través da web www.deexcursion.net.
CFR
Nesta segunda edición da revista, Pingota Comunicación inaugurou tamén unha liña de colaboración co Centro de Formación e Recursos de Ferrol, que este mesmo outono celebrará un curso sobre interpretación da paisaxe no que participan 25 docentes e que empregará a devandita publicación para o deseño de varios roteiros.
“O proxecto DeExcursión crece no seu segundo ano e avanza no obxectivo de se converter nunha ferramenta útil para os docentes e contribuír á cohesión das tres comarcas, ás veces pouco coñecidas entre os seus propios veciños, e á dinamización turística destes territorios”, salientan desde a axencia ferrolá. l

A revista “DeExcursión” propón medio cento de ideas para saídas escolares pola comarca

Te puede interesar