Narón cítase cos monólogos no Festival Internacional “Singular”

Narón cítase cos monólogos no Festival Internacional “Singular”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-e1ca6c46

O monólogo regresará con forza un ano máis ao Concello de Narón da man dunha nova edición, a cuarta, do Festival Internacional do Monólogo Teatral “Singular”.

A actividade desenvolverase durante todo o mes de marzo. Abrirá o telón o día 7, ás 19.00 horas, coa celebración dunha mesa redonda no Café Teatro do Pazo da Cultura, que contará coa intervención de cinco profesionais das artes escénicas: María Barcala, Marián Bañobre, Mercedes Castro e Xesús Ron, moderados pola directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras. Todos eles falarán sobre “Como enfrontarse á creación dun espectáculo unipersonal”.

Primeiro
Dous días máis tarde, o 9 ás 20.00 horas, terá lugar o primeiro dos monólogos, que correrá a cargo da compañía andaluza Rosario Pardo para representar a obra “Los días de la nieve”. A protagonista da obra é unha costureira á que lle encargan un vestido azul. Mentres fai a súa tarefa, fai un repaso pola súa vida.

O día 10 tomará o relevo a compañía Freddy Ginebra, de República Dominicana, que achegará ao público a peza “Un sueño, una casa, medio siglo y muchas historias”, cuxa temática xira arredor da fundación dunha casa de teatro e poesía ubicada naquel país.

O grupo galego A quinta do cuadrante será a seguinte no cartel para representar, o día 15, “Empapelado amarelo”, unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia.

“Yo no estoy loca” é o título do espectáculo que o día 16 representará a compañía procedente de Colombia Teatro Petra, centrado nas historias dunha muller que sae dos cánones tradicionais aínda vivindo nunha sociedade tradicional.

O festival continuará o día 22  coa obra “Emilia”, de Teatro El Barrio. Constitúe a primeira parte da triloxía “Mulleres que se atreven”, na que o autor trata de posicionar a mulleres brillantes da historia no lugar que lles corresponde, dándoas a coñecer. Neste caso, Emilia amosa a loita da novelista galega Emilia Pardo Bazán, unha muller do século XIX, forte, intelixente e divertida.

O 23 de marzo, o público poderá gozar da obra “Tanatorium”, da compañía valenciana Féliz Albo. Unha proposta cargada de humor e emoción baseada na situación dun home que entra no recibidor dun tanatorio xusto cando se vai a luz.

De pechar o ciclo encargarase o grupo galego Mona Productora, que poñerá en escena “Anatomía dunha serea”, contando así a historia protagonizada por unha muller que padeceu a violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narrando o sucedido dun xeito autocrítico.

Narón cítase cos monólogos no Festival Internacional “Singular”

Te puede interesar