Matrícula para os cursos de linguas de outono da UDC

O Centro de Linguas da Universidade da Coruña abrirá o día 2 de setembro o prazo de matrícula para os cursos que se ofertarán na denominada quenda de outono. Os interesados poderán formalizar as inscricións ata o 19 de setembro e o inicio das clases está previsto para o mes de outubro.
Como todos os anos, impartiranse clases de alemán, francés, inglés, italiano e portugués, en  diferentes horarios e tamén niveis, desde inciación ata de conversa, en función do idioma do que se trate.
A oferta do Centro de Linguas está dirixida tanto a membros da comunidade universitaria como ao público en xeral. O único que varía son os precios. Así, para o primeiro dos colectivos, os cursos regulares (de 30 horas) terán un custe de 125 euros, por 84 dos de conversa (de 15 horas). Aqueles que non pertenzan á Universidade da Coruña terán que pagar un total de 166 e 125 euros, respectivamente.
Tal e como se salienta desde o propio Centro de Linguas, os prezos, que non se suben desde 2007, “están por debaixo da media do que cobran as universidades de España por un servizo similar”.

oferta
O Centro de Linguas da Universidade da Coruña, que no campus de Ferrol ten a súa sede no Edificio de Apoio ao Estudo de Esteiro, naceu en 2005 coa intención de proporcionar á comunidade universitaria mais tamén ao público en xeral, unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos de linguas estranxeiras e para aprender outras novas. Ao longo de cada curso, convócanse catro quendas de actividades con unha boa resposta por parte da cidadanía en xeral.

Matrícula para os cursos de linguas de outono da UDC

Te puede interesar