Un total de 35 bandas nacionais e internacionais, preseleccionadas en Ortigueira para o “Runas”

Un total de 35 bandas nacionais e internacionais, preseleccionadas en Ortigueira para o “Runas”
Copia de Diario de Ferrol-2014-05-08-017-d7b06f3f

O concurso de grupos novos “Runas”, do Festival Celta de Ortigueira, recibiu finalmente un total de 35 solicitudes de formacións de diferente procedencia unha vez pechada a data de solicitude para a súa participación.
Grupos do Pais Vasco, Castela- A Mancha, Navarra, Asturias, Madrid, Aragón, Castela-León, Costa Rica, Cantabria, Bretaña, Francia, Reino Unido, Portugal, Andalucía, Cataluña ou Estremadura presentaron a súa candidatura para clasificarse para a final do concurso. Canda eles haberá 14 propostas de bandas de Galicia, entre as que están varias da comarca de Ferrol como o acordeonista pontés Andrés Penabab ou os ferroláns Lenda Ártabra e Alén de Ancos.
O xurado valorará quen son as formacións que competirán na final que se celebrará o 17 de xullo, xoves, e que entregará premios por valor de 5.000, 3.000 e 2.000 euros aos finalistas. Todo o material dos grupos presentados está a ser analizado actualmente polos membros do comité técnico do proxecto “Runas”, que entregará as súas propostas en breves semanas, e serán publicadas conforme ó previsto, segundo a organización. Este comité técnico citado está formado por músicos de prestixio no ámbito da música galega de raíz como Anxo Pintos, Pepe Vaamonde, Anxo Lorenzo, Manuel Garrido e o fenés Daniel Bellón.
 O Festival Celta de Ortigueira celebra a súa XXX edición os días 17 ao 20 do mes de xullo.

Un total de 35 bandas nacionais e internacionais, preseleccionadas en Ortigueira para o “Runas”

Te puede interesar