Os alumnos do CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Rodolfo Ucha Piñeiro que este curso rematarán os seus estudos teñen desde onte a oportunidade de coñecer, de primera man, algunhas das necesidades das entidades nas que, quizais nun futuro, poidan desenvolver a súa traxectoria profesional.
As II Xornadas de Acceso ao Emprego e Relación coas Empresas promovidas polo centro convértese, un ano máis, no punto de encontro entre estudantes e empresarios para abordar diferentes cuestións, que van desde as demandas formativas e profesionais das empresas, ata o marketing on line, a busca de emprego ou a innovación ou creatividade, entre outras.
Logo dunha breve presentación, foi a avogada, profesora e especialista en Recursos Humanos, Belén Varela, a encargada de abrir o programa para impartir a conferencia “Fortalezas e Optimismo”. Unha intervención coa que animou aos estudantes a poñer todas as súas “capacidades e fortalezas” a disposición do que lles suceda. “Ser optimista no es esperar a que lo bueno llegue, sino que hay que ver el optimismo como lo que permite afrontar las circunstancias; conocer bien nuestras fortalezas, capacidades y recursos para afrontar eso con toda nuestra fuerza”, comentou.
Nun contexto actual no que “a los jóvenes les transmitimos permanentemente la pérdida de control, de que el entorno y su futuro van a ser negativos y que no hay trabajo, de lo que se trata es de ver lo que ellos pueden aportar de forma diferente y lo que aporta ponerlo a disposición de la sociedad”, engadiu.
liderazgo
Como especialista en Recursos Humanos, Varela apuntou a cualidades como autoliderazgo, autonomía, independencia, creatividade, forza, enerxía e vitalidade como algunhas das máis valoradas por estes departamentos á hora de seleccionar aos candidatos a un posto de traballo. A continuación, e baixo o título “Demandas informativas e profesionais das empresas. Que buscan as empresas?” celebrouse unha mesa redonda coa participación de representantes do Centro de Emprego de Ferrol –José Manuel Grandal–, da Asociación de Empresarios Ferrolterra –Carlos Moreira– e da firma de traballo temporal Manpower –Mónica Hijado–.
No decurso da mesma abordouse, entre outros puntos, a actividade do Centro de Emprego municipal, así como a necesidade da formación continua e da reciclaxe permanente dos traballadores. “Ademais da formación, que é moi importante, hai que adquirir outras competencias laborais como o traballo en equipo, a dispoñibilidade, etc”, comentou Grandal, quen apuntou a necesidade de converter o Centro de Emprego nun referente non só para a cidade senón para a comarca.
Na actualidade, o centro dispón dunha bolsa de traballo cun total de 3.000 currículos a disposición das empresas da zona. Semanalmente, poden chegar ata un total de 150 currículos novos.
Unha sesión sobre “Marketing on line”, a cargo de Javier Rocamora, e un obradoiro sobre a busca de emprego e marca persoal completaron a sesión de onte.
As xornadas, promovidas desde o Departamento de Información e Orientación Profesional, que dirixe Berta Veiga, chegarán hoxe a súa fin.