A AVV Viladóniga-Vilasanche celebra mañá a XXI edición da Festa do Veciño

|

Un ano máis a AVV Viladóniga-Vilasanche organiza a Festa do Veciño que chega a súa XXI edición cun variado programa durante toda a xornada. Así, a actividade comeza ás 11.00 horas coa maratón popular Álvaro Sanjuán Freire “Varo” para nenos e adultos. Tralo atletismo haberá probas lúdicas e diversión para os pequenos. Ao redor das 14.00 horas chega o xantar popular con paella e a música do Grupo de Gaitas da AVV de Esmelle.
Ás 17.00 horas o xogo continúa cun concurso de triplas en categorías infantil, cadete e xuvenil. Ás 19.00 horas o grupo de teatro de marionetas Socializarte interpretará a obra “Barbadela e Bambolina”. Ás 21.00 horas entregaranse os premios aos gañadores da maratón, así como aos dos campionatos de chave, tute e parchís. Posteriormente haberá unha gran mexillonada gratuíta e ás 22.00 horas comezará a verbena do mantón amenizada polo dúo Maracuyá.

círculo de fene
O Círculo Industrial e Mercantil de Fene organiza mañá sábado unha gran churrascada a prezos populares. O acto gastronómico celebrarase a partir das 20.15 horas, con entrada libre, e haberá churrasco con crioulos, pan e viño. A música correrá a cargo de Pereira e Felo.

A AVV Viladóniga-Vilasanche celebra mañá a XXI edición da Festa do Veciño