Obras de Ghazafelhos e Teatro do Morcego, entre os inscritos nos María Casares

|

Os espectáculos “Rubicundo”, de Teatro Ghazafelhos e “Nosa Señora das Nubes” de Teatro do Morcegos –compañías ambas as dúas da comarca de Ferrolterra– inclúense na lista das 44 montaxes inscritas para optar aos XXI Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices  de Galicia (AAAG). 
Ata o vindeiro día 19, o censo de votantes da convocatoria (conformado por máis de 450 persoas, entre programadores, críticos, gañadores e nomeados de edicións anteriores e asociados da AAAG) poderán votar na que será a primeira rolda dun proceso do que sairán os nomeados á edición dos Premios deste ano. O proceso de inscrición finalizou o pasado 11 de xaneiro rexistrando o maior número de espectáculos concorrentes na historia dos galardóns, así como unha das cifras máis altas de profesionais participantes. Os 44 espectáculos inscritos postúlanse nas catorce categorías nas que se divide o certame. n

Obras de Ghazafelhos e Teatro do Morcego, entre os inscritos nos María Casares