O Correlingua reivindica o uso do galego entre a mocidade

O Correlingua reivindica o uso do galego entre a mocidade
Correlingua en el Auditorio de Ferrol

O Correlingua recalou onte na cidade naval, dentro do seu periplo pola comunidade galega, para reivindicar un ano máis o uso do galego entre a mocidade. A iniciativa, impulsada pola AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización e diferentes concellos, entre os que se inclúen Ferrol, Narón, Neda e Fene, reuniu onte no Auditorio municipal de Caranza a uns 1.500 escolares de Infantil e Primaria de trece centros educativos.
Divididos en dúas quendas, todos eles puideron gozar da actividade conducida por Talía Teatro e que contou coa actuación musical de “A Gramola Gominola”. Entre as dúas funcións, e como o tempo acompañou, celebrouse unha carreira polo paseo marítimo de Caranza. Alumnado dos CEIPs A Solaina e Maciñeira encargáronse de ler o manifesto oficial dunha iniciativa que, como tódolos anos, puxo no primeiro plano a defensa do dereito a “medrar en galego”.

O Correlingua reivindica o uso do galego entre a mocidade

Te puede interesar