“Noites do Mosteiro” converte O Couto nun centro de actividade cultural os días 21 e 22 de marzo

“Noites do Mosteiro” converte  O Couto nun centro de actividade cultural os días 21 e 22 de marzo
Visitas al Monasterio de O Couto

O Concello de Narón anunciou onte unha dobre xornada que baixo o nome de  “Noite no Mosteiro”, trata de converter o cenobio do Couto nun centro de actividade cultural que se desenvolverá os días 21 e 22 de marzo no entorno do Couto. As actividades xirarán ao redor dun mercado medieval (con variados postos de artesanía), un concerto de cámara e a iluminación nocturna do mosteiro
O mercado medieval abrirá os dous días da fin de semana en horario de 10.30 a 13.00 horas e de 16.30 ata a medianoite. Haberá postos de artesanía, alimentación e bebidas non industriais, e os interesados en participar poderán presentar a correspondente solicitude a través da páxina web de Turismo (www.turnaron.es) ou ben descargala e enviala a algún destes correos electrónicos: turismo@turnaron.es ou elena@eventi.es. A inscrición para a actividade é totalmente gratuíta.
O centro do programa “Noite no Mosteiro” desenvolverase o sábado 21 de marzo, a partires das 21.00 horas. Nese horario e ata a madrugada, celebrarase un concerto de música de cámara no interior do mosteiro, con entrada libre. Paralelamente, sobre a súa fachada realizarase unha iluminación en cores e proxectaranse imaxes.
Na xornada do domingo, continuará aberto o mercado medieval e se poderá visitar o interior do mosteiro do Couto. As concelleiras de Turismo e Festas convidaron a tódolos veciños de Narón e comarca a achegarse ata este lugar e gozar da “Noite no Mosteiro”.

“Noites do Mosteiro” converte O Couto nun centro de actividade cultural os días 21 e 22 de marzo

Te puede interesar