Xunt@s Podemos esixe que Madrid informe sobre as supostas irregularidades

Membros da candidatura de Xunt@s Podemos que xa mostraron a súa incomodidade pola anulación do proceso electoral en Ferrol ante “supuestas irregularidades” esixen “responsabilidades” ante a falta de resposta desde a Comisión de Garantías Democráticas Estatal de Podemos en Madrid. Din que non coñecen os datos polos que non se validou a votación e negan que se poidan achacar fallos informáticos e irregularidades a axentes externos. Afirman que se enviaron recursos a título individual e tamén como colectivo obtendo o silencio como resposta.
“Se trata de no aceptar una imposición desde Madrid”, informan, ante una “falta de respeto y de responsabilidad cometida ante la ciudadanía”.
Critican ademais a outros candidatos ó consello cidadán que “no parecen tener escrúpulos para presentarse ante la ciudadanía en otras candidaturas, tanto municipal como autonómica, como si aquí no pasara nada”.

asemblea aberta
O Círculo Podemos Ferrol convoca mediante un comunicado de prensa a toda a cidadanía a unha asemblea aberta que se celebra hoxe xoves, ás 18.45 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero. Quérese tratar nesta xuntanza de que forma se participará nas eleccións municipais, ademais da actualización de inscricións. Sobre a mesa está a posibilidade de concorrer de acordo con outros movementos cidadáns (a Marea Ártabra en Ferrol), imitando procesos como o de Ganemos Madrid.

desautorización interna
Un grupo de afiliados, entre os que se encontra a corrente Ferrol Pode, desautoriza esta convocatoria porque “en Ferrol, al no existir el Consejo Ciudadano, no puede convocarse una Asamblea General Extraordinaria”. Apuntan a intereses persoais de cara a presentarse ás eleccións municipais con outras forzas políticas e animan ós afiliados a non participar na asemblea “dada su ilegalidad”.

Xunt@s Podemos esixe que Madrid informe sobre as supostas irregularidades

Te puede interesar