A XVIII edición de Artxove ofrece un espazo expositivo ós creadores galegos máis novos

A XVIII edición de Artxove ofrece un espazo expositivo ós creadores galegos máis novos
imaxe da exposición celebrada o ano pasado luis polo

O Concello de Pontedeume pon en marcha unha nova edición do certame plástico Artxove, que cumpre 18 anos ofrecendo ós creadores galegos máis novos a posibilidade de expoñer o seu traballo e de formar parte dun catálogo. Para moitos deles son os primeiros pasos nun campo no que a mostra eumesa lles permite comezar a camiñar. Este ano celebrarase entre os días 23 de marzo e 7 de abril (faise coincidir coa Semana Santa), na Casa da Cultura.

Ata o día 11 de febreiro está aberto o prazo para entregar as obras e a documentación necesaria. Artxove diríxese ós artistas galegos (naturais ou residentes) que teñan entre 18 e 35 anos. Poderán presentar pintura, fotografía e escultura.

Os requisitos que se piden no caso dos cadros é que non poden exceder dos 150 centímetros no seu lado maior. Ademais, deberán presentarse xa preparados para colgarse. En fotografía hay un máximo de dúas imaxes que cada persoa pode achegar. Tamén teñen que estar enmarcadas e o tamaño non superará os 60 centímetros. Na escultura fíxase un máximo dunha peza por persoa, sen peana, e cunha altura máxima de 100 centímetros.

Tódalas obras deberán ser orixinais, con temática e técnicas libres. Deben entregarse na biblioteca municipal eumesa (rúa Couceiro Freijomil, 5) e poderanse recuperar entre o 15 de abril e o 15 de maio. Con elas hai que adxuntar un breve currículo e tamén os datos persoais.

Para a elaboración do catálogo, ademais, pídeselles ós artistas que acheguen unha ficha técnica da obra e unha fotografía.

Pódese obter máis información sobre as bases na propia biblioteca e nos teléfonos 981 432 598 e 607 512 706.

Outra particularidade de Artxove é o seu aspecto gráfico. A cartelería encárgase sempre a un creador novo, neste caso, a María Vázquez Arias.

A XVIII edición de Artxove ofrece un espazo expositivo ós creadores galegos máis novos

Te puede interesar