Enriquecedores camiños de aprendizaxe

Enriquecedores camiños de aprendizaxe
Anik Nandi ofreceu onte unha interesante xornada no instituto ferrolán daniel alexandre

O camiño da vida, o individual, o colectivo, o da solidariedade e o da cooperción, o artístico, o da lingua, o da cultura... Por moitas sendas e roteiros diferentes da aprendizaxe camiñarán este curso os alumnos e profesores do IES Saturnino Montojo da man do novo proxecto colaborativo e interdisciplinar que seguirá a liña dos desenvolvidos nos últimos anos e cos que “traballamos, aprendemos e nos divertismos”. 
Baixo a coordinación do Equipo de Dinamización Lingüística, a iniciativa, denominada “Camiños”, conta co apoio da dirección e a implicación de todos os departamentos didácticos. Isto permite, entre outras cousas, a realización de múltiples e variadas actividades: recitados, unmha instalacións artística co gallo do día contra a violencia de xénero; clubes de lectura en colaboración co IES de Cedeira; a venda de doces para recadar fondos para unha ONG que se ocupe dos refuxiados (cita que terá lugar antes do Nadal); unha exposición sobre as nosas raíces na emigración, ou un concurso de fotografía.
Enmárcanse tamén no calendario deste primeiro trimestre obradoiros como o impartido onte polo sociolingüista bengalí Anik Nandi ou “os faladoiros”, encontros sobre temas de actualidade que teñen lugar os mércores na biblioteca para debater e intercambiar opinións sobre noticias que aparecen na prensa. 

competencias
Esta iniciativa, totalmente voluntaria e que ten entre os seus obxectivos contribuír á mellora das competencias clave en comunicación lingüística, social, cívica e dixital entre o alumnado, así como normalizar o uso da lingua galega, está a ter unha boa resposta por parte dos estudantes. Temas como o do “botellón” ou o da recente elección de Donald Trump como presidente dos Estados Unidos son algúns dos temas obxecto dos “faladoiros”.
Para o segundo trimestre, o centro ten previstas moitas máis actividades no marco do proxecto deste ano, como son roteiros polos camiños da contorna para descubrir e pór en valor a paisaxe da zona, concursos literarios e novas isntalacións artísticas, avanzan. n

Enriquecedores camiños de aprendizaxe

Te puede interesar